Evento: Víctor Said Armesto. A lección dun cidadán libre
Víctor Said Armesto. A lección dun cidadán libre
A exposición divulga a traxectoria deste filólogo, pensador e primeiro catedrático de Literatura Galego-Portuguesa.
A súa magna obra está presente nesta mostra a través da voz dos seus contemporáneos e da documentación do propio Said Armesto, materiais diversos que nos falan dun home comprometido coa cultura galega. Con esta fin, a mostra configúrase como unha visión intelectual e humana da súa figura a través do seu legado escrito, e dos que foran os seus amigos e mentores, como Manuel Murguía, Unamuno, Indalecio Armesto ou Emilia Pardo Bazán, entre outros.
A mostra ocupa o terceiro e cuarto andar da sede viguesa da Fundación Barrié, entidade á que Eugenia Said Montoro, filla de Said Armesto, lle doou en 1992 o arquivo persoal de seu pai, custodiado na biblioteca da fundación na Coruña. O proxecto expositivo acompáñase dun programa educativo, gratuíto para o público, composto por obradoiros para escolares, familias e outros colectivos, visitas comentadas e campamentos de Nadal.
Está promovida pola Fundación Barrié co apoio da Consellería de Cultura e Educación, do Museo do Pobo Galego e da Deputación de Pontevedra