Evento: Foucellas

  • Cartel da obra
Foucellas
venres, 4 marzo, 2016 - 20:30
Teatro Rosalía Castro,
A Coruña
Cándido Pazó leva ao teatro a historia desta figura popular

Autor e director: Cándido Pazó

Elenco:Toño Casais, Artur Trillo, María Ordóñez e Dani Trillo

Foucellas. Da historia ao mito. Do mito á ficción teatral.

 

Sinopse: Ano 1952. Un maquis, un guerrilleiro, un home do monte, un deses que a xente denominaba xenericamente un “foucellas”. Mesmo podería ser o Foucellas. Ou non. Nunha situación desesperada, cun compañeiro como único resto do que outrora fora a súa partida, acomete a súa derradeira acción: o atraco, con secuestro incluído, dun labrador acomodado, antigo militante agrarista, e da súa muller. Un contexto límite, un tempo terminal, no que catro personaxes perfilados e contrastados psicoloxicamente acaban entrando nun dinámico debate, dramático mais por veces divertido, no que conceptos como firmeza, utopía, resistencia, inercia, resignación, adaptabilidade, vontade, destino... son as armas dunha crúa batalla dialéctica entre a esperanza e desespero.

 

Unha ficción que especula sobre un momento histórico, pero tamén un motivo metafórico para reflexionarmos sobre un transo co que, en maior ou menor medida, nos enfrontamos decote nas nosas vidas: a administración da derrota.

 

Esta obra forma parte da programación da Rede galega de teatros e auditorios

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A Teteira de Kabul
27 de abril, 18:00
Multiusos da Xunqueira - Redondela - Pontevedra
Oh-Pera!
27 de abril, 18:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Hamelin
27 de abril, 19:00
Auditorio Reveriano Soutullo - Ponteareas - Pontevedra
Transeúnte
30 de abril, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña