Evento: Xoves Emprendedores: Levántate e anda
Xoves Emprendedores: Levántate e anda
Emprender implica concibir ideas creadoras, planificar, concretar, facer números, investir tempo, ganas e esforzo e poñer toda a carne no asador. Pero tamén é equivocarse, dar contra a parede, caer e levantarse. Con esta idea, o Centro de Emprendemento pon en marcha Xoves Emprendedores: Levánte e anda, charlas nas que aprender non só dos casos de éxito, senón das malas experiencias. Guiados por Manolo Boquete, e a través do humor, a sorna e a ironía, a Sala Eisenman acollerá historias de aprendizaxe de emprendedores que asumiron o fracaso como un proceso pero que non se apoucaron ante as dificultades e buscaron un camiño polo que seguir adiante. Porque, ás veces, as segundas partes si son boas.
Programa
14 Abr | Emprender é moverse: se non te paras, non hai metas. Esta sesión conta con Patricia de Lorenzo e Yolanda Castaño, mulleres e emprendedoras que contarán os seus proxectos de longo percorrido no ámbito da cultura e como estes evolucionaron ao longo do tempo.
19 Mai | Emprender é equivocarse: é necesario caer, para saber andar. A veteranía no emprendemento cultural, Antón Reixa e Xosé Manuel Pereiro, iniciaron múltiples proxectos ao longo da súa dilatada carreira, con sortes distintas, e seguen no centro da creacións coas súas empresas.
9 Xuñ | Emprender é aprender: aprender é errar o tiro e avanzar. Entusiasmo e perseverancia son cualidades de Antía Otero e José Manuel Costa, que traballan no asentamento dos seus proxectos e van medrando con eles.
+ info: http://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/xoves-emprendedores-levantate-e...