Evento: Presentación e sinaturas de "Sentinelas no limiar das tebras"

Presentación e sinaturas de "Sentinelas no limiar das tebras"
venres, 25 abril, 2025 - 19:00
Banda Deseñada (Rúa Portela, 3),
Vigo

Presentación e sinaturas de "Sentinelas no limiar das tebras"

O venres 25 de abril, celebrarase en Vigo a presentación da banda deseñada "Sentinelas no limiar das tebras", segunda parte da saga "Sentinelas", de Andrés Castro, Ozo Perozo e Alexandre Senande.

Presentación de "Sentinelas no limiar das tebras", con guión de Ozo Perozo e Andrés Castro e ilustracións de Alexandre Senande. A segunda parte da saga "Sentinelas", iniciada con "Sentinelas da Lúa Carmesí", obra que inaugurou a colección "Banda Deseñada" de Editorial Galaxia, destinada a público infantil e xuvenil.

"Unha historia de fantasía, misterio e mitoloxía galega, onde dous mundos, o real e o fantástico, se entrelazan para ofrecer unha aventura épica. Unha lectura imprescindible para quen goza dos mundos de fantasía e da nosa tradición oral". (Sara Valcárcel)

Acompañando a Andrés Castro e Alexandre Senande, estará Iris Darriba Quesada, actriz ("Serramoura", "A lei de Santos").

Entrada de balde.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Peza do mes: Máscara funeraria do padre Feijóo
1 de abril a 30 de abril
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro: Miami Waves
24 de abril
Biblioteca Pública de Ourense