Evento: As mil e unha noites

  • Cartel do espectáculo
As mil e unha noites
martes, 30 agosto, 2016 - 20:30
Praza da Constitución,
Cee

As mil e unha noites

Espectáculo familiar do Teatro Ghazafelhos para achegarlles estas coñecidas historias aos máis cativos

Sinopse: Tres actores do lonxano oriente veñen a contar a historia de Sherezade e de como a o seu enxeño logrou cautivar a un dos Sultáns máis despiadados de toda Persia. Tratátase de... As mil e unha noites!!

Tres personaxes chegan nun carromato decorado como as antigas historias de Bagdad. Entran anunciando unha historia máxica da lonxana Persia. Subidos en zancos, con aspecto de xenios convidan ao publico que se acomode ao redor do carromato que, se transforma no escenario en cuestión de segundos sendo esta transformación parte da obra. A continuación, introdúcese ao público nun ambiente máxico con incenso, coxíns, teas e un contador de historias que evoca a antiga Persia. Unha vez creado o ambiente adecuado comeza a narración das mil e unha noites coa participación activa do público.

A linguaxe é para un público familiar, facendo fincapé nos nenos e nenas pero abrindo a participación aos maiores para que tamén pasen un rato agradable compartindo momentos inolvidables cos máis pequenos e pequenas.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Supercoroza: na eira e na lareira
12 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mans
19 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contando números, cantando cores
26 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Caderno de cores e cancións
9 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés