Evento: Festival VdeValarés

Festival VdeValarés
venres, 12 agosto, 2016 a domingo, 14 agosto, 2016
Praia de Valarés,
Ponteceso

Festival VdeValarés

Tachenko, Nodozurdo e Gigolo Aunts nun cartel con grupos galegos como Novedades Carminha ou Malandrómena

O Festival VdeValarés celebra a súa décima edición con tres días de concertos. Na praia de Ponteceso que lle dá nome actuarán grupos e artistas galegos e internacionais, entre os que se inclúen Gigolo Aunts, Rah Rah, Tachenko, Nudozurdo, León Benavente, Kula Shaker, Neuman, Perro, Belako, Egon Soda, The Limboos e Fogbound.

VdeValarés aposta pola organización dun evento sustentable, implicado coa conservación do medio ambiente. Para iso, o consumo de enerxía do festival levarase a cabo con enerxías limpas e renovables e, durante o desenvolvemento do evento, disporanse numerosos puntos de recollida e eliminación con contedores para vidro, plástico e papel, xunto co uso de vasos reutilizables e o reparto de bolsas do lixo. Ademais, o festival galego contará cun campus de traballo ecolóxico, onde voluntarios de diversos países colaborarán para limpar as praias e preservar a contorna.

A música compartirá escenario en Ponteceso cunha gran variedade de actividades culturais polas mañás. Ademais, este ano, VdeValarés presenta a súa primeira inclusión no mundo do skate e ofrece a posibilidade de realizar paddle surf e rutas guiadas pola zona de covas naturais da costa de Valarés.

Máis información

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos