Evento: Presentación de novos materiais de animación á lectura para familias e mediadores
Presentación de novos materiais de animación á lectura para familias e mediadores
O hábito lector contribúe a unha aprendizaxe integral e permanente, abre vías para a reflexión e o pensamento, activa a imaxinación a partir da palabra, reforza as habilidades vinculadas coa linguaxe e ofrece, sobre todo, un lecer pracenteiro cunha morea de beneficios para quen aprende a gozar del.
A formación de lectores, como todos os procesos de educación infantil, é una tarefa compartida entre a familia, a escola e da sociedade no seu conxunto. Pero, sen dúbida ningunha, os pais e nais xogan un papel primordial no achegamento inicial dos máis pequenos á lectura.
A Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia presenta estes novos materiais para as primeiras idades co obxecto de que as familias e mediadores en xeral tiren proveito do pracer da lectura como chave para a vida presente e futura dos máis pequenos.
Na Sala Infantil. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.