Evento: Coma espellos dun calidoscopio

Coma espellos dun calidoscopio
xoves, 13 outubro, 2016 - 20:30
Pazo da Cultura de Pontevedra,
Pontevedra

Coma espellos dun calidoscopio

Primeiro concerto do Festival Vertixe Sonora coa intervención da poeta María do Cebreiro

Este concerto pon en primeiro termo a creatividade feminina no ámbito musical. Esta reflexión sobre o papel da muller na música e especialmente na creación contemporánea enmárcase nunha liña de investigación aberta coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo. Trátase dunha iniciativa pioneira que conta co comisariado de Elena Rykova, compositora residente en Harvard, que seleccionou pezas de cinco compositoras actuais: Anna Romashkova (Rusia), Ann Cleare (Irlanda) Elo Masing (Estonia), Tania Lanfer (Brasil) e Daniela Fantechi (Italia).

A apertura do ciclo contará coa intervención da poeta María do Cebreiro.

Este concerto forma parte do Festival Internacional de Creación Musical Contemporánea ‘Vertixe Sonora’

 

Máis eventos de tipo Concerto

Nick Waterhouse
23 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Black, concerto de soul
23 de abril
Praza do Tapal
Real Filharmonía de Galicia-Contornos
24 de abril
Avenida do Burgo das Nacións