Evento: Glosas de ouro. Luz e esplendor do Renacemento

Glosas de ouro. Luz e esplendor do Renacemento
domingo, 20 abril, 2025 - 20:00
Rúa de Santa Clara 8,
Santiago de Compostela

Glosas de ouro. Luz e esplendor do Renacemento

Concerto de clausura do ciclo "De Lugares e Órganos" a cargo de Ensemble Barbaroco e Marco Orsini-Brescia.

Para poñer punto final á edición 2025, que conmemora dez anos de música arredor dos lugares e dos órganos de Compostela, o consort francés de violas de gamba Barbaroco xunto ao organista ítalo-brasileiro afincado en Galicia, Marco Orsini-Brescia, propoñen un programa integrado polas músicas máis representativas do Renacemento musical que comeza a tomar forma a finais do século XV na Península Ibérica.
Na conformación deste período influirán decisivamente varios acontecementos: a reunificación dos reinos de Castela e Aragón e as súas posesións en Italia (os reinos de Nápoles e Sicilia), a toma de Granada e a chegada aos territorios alén mar. O florecemento artístico que foi parello a estes episodios deu lugar a un amplo campo para a creación musical e a compilación de repertorios, for en cancioneiros manuscritos, for en luxosas edicións, grazas á imprenta musical acabada de inventar. Precisamente, desta época son os cancioneiros de polifonía profana española, o Cancionero de Palacio ou o Cancionero de Medinaceli, dos que se escoitarán diversas pezas no programa. Ademais, gozaremos de fermosísimas músicas recollidas no libro Obras de música para tecla, arpa y vihuela, de Antonio de Cabezón  publicado en 1578, organista que foi ao servizo de Carlos I e Felipe II, canda obras do violagambista e compositor Diego Ortiz, publicadas no famoso Tratado de glosas, en 1553. 
 

Máis eventos de tipo Concerto

Paul Thin
19 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Nick Waterhouse
23 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
Black, concerto de soul
23 de abril
Praza do Tapal
Real Filharmonía de Galicia-Contornos
24 de abril
Avenida do Burgo das Nacións