Evento: Punto obxecto. Jessica Stockholder

Punto obxecto. Jessica Stockholder
sábado, 19 novembro, 2016 - 11:00
Centro Galego de Arte Contemporánea,
Santiago de Compostela

Punto obxecto. Jessica Stockholder

Obradoiro para familias para converter vellos trastos en creacións abstractas

A artista Rebeca Mariño propón un ciclo de talleres de experimentación artística dirixido a familias con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 9 anos. Un momento para descubrir, crear e gozar en familia arredor da arte contemporánea. Este primeiro ciclo, que terá lugar a terceira fin de semana de cada mes, terá como obxectivo a procura da cor máis alá da propia pintura.

 

Sábado 19, para familias con nenos e nenas de 4 a 6 anos
Domingo 20, para familias con nenos e nenas de 7 a 9 anos
Prazas: 10 nenos/as mais 2 acompañantes máximo 
O xeito no que Jessica Stockholder interpreta os obxectos é un selo distintivo da creación con asociacións que se mesturan entre o identificable e o abstracto. Ensamblando obxectos de diferente natureza e procedencia logra crear unha orde entre o aparentemente caótico e inconexo. Os obxectos esquecidos poden ter unha segunda vida. Rebuscarase entre os nosos vellos trastes para trocalos en creacións abstractas organizando e trazando as súas cores. 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
O xogo da estampa
28 de marzo a 26 de abril
Museo de Belas Artes
Os misterios da biblioteca
22 de abril
CPI Laureano Prieto
Masterclass de cómic autobiográfico
22 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal