Evento: A veces creo que te veo

A veces creo que te veo
sábado, 28 xaneiro, 2017 - 11:30
Estación de tren,
Santiago de Compostela

A veces creo que te veo

Mariano Pensotti con Antía Otero, Teresa Moure, Carlos Santiago e Antón Lopo

Unha estación de tren. Catro escritores observan o lugar desde diferentes puntos de vista. Nos seus ordenadores portátiles escriben en vivo o que ven na estación. E tamén escriben sobre outras cousas, ás veces persoais, ás veces inventadas, ás veces históricas. Todo o que van escribindo proxéctase en pantallas de vídeo. Os espectadores e os transeúntes ocasionais da estación de tren comezan ser parte da narración dos escritores. Cando miran as pantallas notan que se están a converter en personaxes dunha ficción escrita no momento. Os espectadores ven como os escritores crean unha sorte de novela en vivo tomando a realidade específica que os rodea. E á vez teñen a posibilidade de “actuar”, intervir esa ficción; son parte da creación colectiva dunha narración que reflexa un tempo e un espazo. Ao xeito dunha cámara de seguridade que rexistra todos os movementos de persoas anónimas no espazo público, cada escritor crea narracións instantáneas que reflicten o que ve ou imaxina sobre a xente e as posibles historias escondidas nese lugar de paso.

Mariano Pensotti

Mariano Pensotti (Bos Aires – 1973) formouse en cine, artes visuais e teatro. As súas obras foron presentadas en Arxentina e en festivais e teatros de Bélxica, Alemaña, Francia, Irlanda, Letonia, Brasil, Canadá, Xapón, Austria, España, Chile, Inglaterra, Dinamarca e Suíza. Polo seu traballo obtivo os premios Rozenmacher, Clarín e o Premio F; e as bolsas Unesco-Aschberg, Rockefeller Foundation, Fundación Antorchas e Casa de América de Madrid.

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Ondamina
11 de xaneiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Nada se sabe
16 de xaneiro
Salón Teatro
Nada se sabe
17 de xaneiro
Salón Teatro
Nada se sabe
18 de xaneiro
Salón Teatro