Evento: Resaca

Resaca
mércores, 1 febreiro, 2017 - 21:30
Salón Teatro,
Santiago de Compostela
Ilmaquinario Teatro reflexiona sobre cantas historias diferentes poden existir dun mesmo recordo

No verán de 2016, cinco amigos deciden xuntarse co ánimo de reconstruír a súa propia memoria xeracional e familiar a través da historia dunha persoa común que desapareceu e marcou as súas vidas, cinco amigos deciden xuntarse co ánimo de reconstruír a súa propia memoria xeracional e familiar a través da historia dunha persoa común que desapareceu e marcou as súas vidas: Álex. Un feixe de cadernos, centos de pensamentos, conversacións, fotos, vinilos, casetes e obxectos diversos son os materiais empregados como punto de partida para unha investigación que tamén se converte en descuberta persoal por parte de cada un deles. Como influíron na conformación do discurso individual os nosos referentes? Cantas versións diferentes poden existir sobre un mesmo recordo? De que forma nos pode salvar a memoria da vertixe dun mundo de ritmos cambiantes e imparables? Reflexionando sobre esas preguntas, tratan de revivir certos momentos do pasado transitando entre os límites da realidade e a ficción para poder comprender algo do presente e o futuro, para entender a importancia de estar dun lado ou outro da mesa, para buscar espazos de pausa e rebeldía nos que poder investigar sobre as orixes. Esta é a nova proposta da compañía galega máis prometedora dos últimos anos.

ilMaquinario

ilMaquinario é unha compañía creada no 2012 por Tito Asorey (director), Melania Cruz, Fran Lareu, Fernando González e Laura Míguez (intérpretes). Un proxecto de longo percorrido, que afronta unha nova etapa con este traballo. Un teatro de grande intensidade sustentado no traballo colectivo de artistas novos con experiencia en diversas compañías e nas dramaturxias contemporáneas.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Contando números, cantando cores
26 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Caderno de cores e cancións
9 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Club de lecturas dramatizadas
31 de marzo a 9 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Profetas
24 de abril
Auditorio Municipal Gustavo Freire