Evento: Entroido de Viana do Bolo

  • Foto de Boteiro
Entroido de Viana do Bolo
sábado, 18 febreiro, 2017 a mércores, 1 marzo, 2017
Viana do Bolo,
Viana do Bolo

Entroido de Viana do Bolo

Festa de interese turístico

O Domingo de Entroido, a androlla, embutido típico da comarca de Viana, que se fai en tripa gorda afumada e enchida de costela de porco, é o produto estrela da xornada.

En Viana do Bolo son moitas as persoas que acoden a degustala, en medio do ambiente festivo propio do Entroido, un dos máis orixinais da provincia de Ourense.

Aquí a personaxe típica é o “boteiro” que, coa súa máscara de madeira de cor negra rematada por unha pantalla con armazón de arame recuberta de tiras de papel de seda de cores e os seus saltos, garda reminiscencias de culturas exóticas.

O “boteiro” é o encargado de abrir paso aos folións e manter a orde da comparsa. Moi respectado polo público, cos seus movementos ten a habilidade de facer que as chocas do seu cinto, de distintos tons, soen como é axeitado en cada momento.

 

O Entroido en Galicia

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular