Evento: Mulleres sobranceiras. María Moreira

Mulleres sobranceiras. María Moreira
mércores, 8 marzo, 2017 a luns, 17 abril, 2017
Biblioteca e Arquivo de Galicia,
Santiago de Compostela

Mulleres sobranceiras. María Moreira

Exposición dedicada a esta deseñadora galega que ocupou un papel relevante no despegue do téxtil galego

O día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Arquivo de Galicia inaugura unha mostra co título “Mulleres sobranceiras: María Moreira”.

A serie de mostras Mulleres sobranceiras, na que cada ano o Arquivo de Galicia quere visibilizar as contribucións de mulleres pertencentes a diversos sectores profesionais, nesta ocasión está dedicada a María Moreira, deseñadora que ocupou un papel relevante no despegue do sector téxtil galego na década dos anos 80. Tamén se difunde con ela a doazón do seu arquivo ao Arquivo de Galicia, o que permitirá aos investigadores e a cidadanía achegarse ao proceso de creación dun sector convertido en marca de identidade para Galicia.

A mostra consta de seis vitrinas con documentos que informan sobre aspectos da súa vida e a súa traxectoria profesional, sobre proceso de creación e os desfiles nos que participou, especialmente a pasarela Cibeles. En total foron seleccionadas 55 pezas (fundamentalmente fotografías, bocexos, ou correspondencia).

A mostra permanecerá no espazo central da Biblioteca e Arquivo de Galicia entre os días 8 de marzo e 17 de abril.
 

Máis eventos de tipo Exposición

XVIII Premio de Novela Casino de Santiago
2 de xullo a 30 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura