Evento: FestiLetras 2017

FestiLetras 2017
domingo, 14 maio, 2017 a domingo, 21 maio, 2017
Aldea do Couto,
Ponteceso

FestiLetras 2017

Recitais e concertos de Ses, Guadi Galego, Uxía, De Vacas e Luar na Lubre

O festival cumpre 35 anos. Unha cifra tremendamente especial que repercutirá no completo menú cultural que prepara a organización. Así, este ano o Festiletras quere vencellar a celebración co Centenario de Pondal, para completar así esa lista de 100 actos polos 100 anos do bardo bergantiñán.

No Festiletras serán nada menos que 35 actos, percorrendo unha a unha as 35 edicións. Unha das citas máis emotivas será o Recital poético no que participarán 35 persoas (con varios membros do Batallón Literario da Costa da Morte e unha mención especial para Paco Souto) que recitarán un poema dos 35 autores “vivos” homenaxeados nestas 35 edicións da que antes chamaban a Festa das Letras.

Hai no programa, pois, presenza de grupos e protagonistas locais -como No filo da ferreña ou Adhara Caamaño-, ao lado doutras propostas de longa traxectoria, como Uxía Senlle e Joâo, Sés, Guadi Galego, Mini e Mero ou Luar na Lubre.

As 35.ª Festiletras consolidan a artesanía, a literatura -Manuel Ferreiro presentará a súa xeografía pondaliana- o teatro para os maiores, a memoria ou, tamén, o propio, como a regueifa. Á xornada dedicada a este arte dialéctico acudirá o meirande experto, Domingo Blanco. Os oito días de actos rematarán con Luar na Lubre, un concerto que chega da man da Deputación.

 

PROGRAMA-Concertos e actuacións
Domingo 14 de maio
Mónolo de Marcos Pereiro
Luns 15 de maio
Concerto de Ses
​Martes 16 de maio
​Guadi Galego
​Xoves 18 de maio
Concerto De Vacas
​Venres 19 de maio
Uxía & João Afonso
Venres 19 de maio. Donativo 3€
Sábado 20 de maio
Monólogo Carlos Blanco
Domingo 21 de maio
Luar na Lubre
​Entrada de bade

 

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos