Evento: V de Valarés

  • V de Valarés
V de Valarés
venres, 18 agosto, 2017 a domingo, 20 agosto, 2017
Praia de Balarés,
Ponteceso

V de Valarés

O festival indie pop da praia de Balarés acolle nesta edición a actuación de La Habitación Roja

Los Punsetes, Terbutalina, Airbag, White Bats ou Pablo und Destrucktion tamén actuarán na úndecima edición do festival que se celebrará entre os días 18 e 19 de agosto.

Este festival celébrase na fermosa contorna da praia de Balarés, Ponteceso. Este lugar conta cunha gran extensión de pinos, onde se sitúa a zona de acampada e o escenario.

Unha das máximas do festival é a preservación da contorna, polo que se desenvolverán obradoiros ambientais co obxectivo de concienciar a todos os asistentes. Ademais, V de Valares conta con medidas para reducir o seu impacto na natureza, como o transporte gratuito desde Ponteceso ou o vaso oficial reutilizable, que se entrega a todos os asistentes e evita o emprego de vasos de plástico tradicionais.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos