Evento: Feira Franca Medieval de Betanzos

  • Feira Franca Medieval de Betanzos
Feira Franca Medieval de Betanzos
xoves, 11 xullo, 2024 a domingo, 14 xullo, 2024
Betanzos,
Betanzos

Feira Franca Medieval de Betanzos

Festa de Interese Turístico

Celébrase desde 1998 en recordo da feira que tiña lugar nesta cidade durante o mes de novembro nos séculos XIV e XV.
As rúas e os balcóns dos edificios do Centro Histórico de Betanzos son engalanados con teas e estandartes que representan os escudos das familias betanceiras do baixo medievo.

Os actos centrais desta Feira Franca teñen que ver coa interpretación de escenas que marcaron de xeito importante o desenvolvemento e a cultura de Betanzos:

•    Chegada do Señor de Andrade á cidade, que fai referencia á concesión  no ano 1465, por parte do rei Enrique IV de Trastámara a Betanzos, do título oficial de CIDADE e á concesión no ano 1467 do privilexio de poder realizar unha Feira Franca cada ano no mes de novembro.

•    Incendio da cidade no ano 1569.

•    Outras representacións históricas: a Batalla das Figueiras e a Revolta Irmandiña.

•    Na terceira xornada prodúcese quizais a escena máis laboriosa de todas que recrea a peste a as doenzas que asolaron a cidade no ano 1381, e que conclúe cunha representación da expulsión dos leprosos da cidade.

•    Na tarde do domingo e na Praza dos Irmáns García Naveira ten lugar un torneo medieval a cabalo con representación dun xuízo de Deus e unha xusta, todo isto precedido dunha exhibición de tiro con arco e unha exhibición de cetraría.
Todo está complementado con gran cantidade de música e teatro de rúa. Malabares, representacións nas distintas prazas do Centro Histórico, xogos de lume, xograres, bufóns, etc. Ademais de case 150 postos dedicados á venda de distintos produtos.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Belén Artesanal en Movemento
1 de decembro a 12 de xaneiro
Campaña (Santa Cristina)
Belén Electrónico
20 de decembro a 6 de xaneiro
Begonte (San Pedro)
Nadal na Praza Roxa
29 de novembro a 7 de xaneiro
Praza Roxa, s/n
Nadal na Alameda
29 de novembro a 7 de xaneiro
Rúa do Campiño da Ferradura