Evento: Feira do Bonito de Burela

Feira do Bonito de Burela
sábado, 3 agosto, 2024 a domingo, 4 agosto, 2024
Burela,
Burela

Feira do Bonito de Burela

Festa de Interese Turístico

O bonito do norte é un dos principais impulsores económicos de Burela, unha vila mariñeira da Mariña Lucense, ao mesmo tempo que un dos seus sinais de identidade. Burela posúe o porto boniteiro máis importante de Galicia; e o bonito é a segunda especie máis significativa en canto a volume de negocio da lonxa do municipio. Dato que, tendo en conta que a costeira do bonito só dura uns poucos meses, é moi relevante. Este produto proporciona a Burela unha proxección de cara ao exterior clave, o que repercute, claro, tamén en moitos outros sectores, como o turismo.
Por todo isto, Burela dedica a súa principal festa a este produto desde hai 35 anos: a Feira do Bonito. A variedade de actividades que o integran teñen como principais obxectivos a reivindicación da historia mariñeira da vila e tamén da súa cultura e a súa gastronomía.
Organizada desde o seus inicios pola Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia, coa colaboración do Concello de Burela, celébrase anualmente durante a primeira fin de semana de agosto.
En cada edición, hai entretemento e actuacións musicais con mostras dos artistas galegos mais relevantes.
Paralelo á Feira transcorre Amarte, Certame Internacional de Pintura Mural. Durante catro días, dez pintores plasman no muro portuario os seus lenzos xigantes baixo a mesma temática: o Mar.

Destacado:
Degustar o mellor bonito do mundo en catro formatos diferentes e empaparse dunha tradición que fixo crecer unha vila.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Festa da Pascua de Padrón
11 de abril a 27 de abril
Varios espazos
Festa da Lamprea
25 de abril a 27 de abril
Varios espazos
Festa da Troita
30 de abril a 1 de maio
varios espazos