Evento: Visita ao obradoiro de fundicións de campás Ocampo
Visita ao obradoiro de fundicións de campás Ocampo
Situado na localidade de Arcos da Condesa, no concello de Caldas de Reis, na vizosa comarca da Mahía, existe un taller de fundición de campás, único en Galicia e un dos últimos que quedan na Península Ibérica. Desde a súa creación, hai catro séculos, este taller traballa seguindo o mesmo método artesanal que empregaron os seus antepasados.
A actividade deste obradoiro de fundición remóntase ao ano 1630 e, durante xeracións, abasteceu de campás as igrexas galegas (entre elas, as famosas campás de Bastavales) e tamén de fóra de Galicia. Os traballadores deste obradoiro son depositarios dos segredos dunha industria artesanal que segue a subsistir nun contexto constantemente ameazado pola produción industrial en serie.
Na visita de Espazos Sonoros ao obradoiro da familia Ocampo, terase a oportunidade de coñecer moi de preto este oficio e tamén o ancestral método empregado na fundición de campás; é dicir, a elaboración dos moldes de barro reforzado con estopa e arame, o recheo coa aliaxe de bronce, a cocción no forno de leña de tiro natural e a afinación do molde.
Hora: 17.00 h
Capacidade máxima: 60 persoas
Inscrición: do 16 ao 27 de setembro, en actividades@espazossonoros.org
Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro