Evento: Locus (Duo Kie)

  • Locus (Duo Kie)
  • Locus (Duo Kie)
  • Locus (Duo Kie)
Locus (Duo Kie)
sábado, 16 setembro, 2017 - 22:30
Sala Karma,
Pontevedra

Locus (Duo Kie)

O ciclo de concertos da Sala Karma comeza a partir de setembro con esta actuación

Javier Díaz (Locus) e Eduardo Sánchez (Nerviozzo) forman o grupo Duo Kie, que realiza rap desde 1999 en España. En xaneiro este grupo disólvese e realizan xiras por separado.

Neste caso Locus preséntase renovado, ten ganas de mostrar a súa voz única ao mundo e presenta o seu novo disco Kraken, que mestura os sons electrónicos con instrumentos reais. Quere demostrar que os seus ritmos escapan do rap convencional e mestura outros estilos diferentes dentro da súa música. Nas letras que interpreta neste novo disco analízanse os aspectos máis complicados da súa vida, tratando este tema con maior profundidade que nunca. Entre os seus éxitos atopamos 200 y pico, Hoy no, En el Club Con 50 Céntimos, Orgullo ou Inferno, entre outros moitos.

O concerto realízase na sala Karma a partir das 22:30 e aínda hai varios artistas por confirmar.