Evento: Eduardo Blanco Amor (1897-1979)

Eduardo Blanco Amor (1897-1979)
martes, 5 setembro, 2017 a sábado, 30 setembro, 2017
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Eduardo Blanco Amor (1897-1979)

Mostra bibliográfica 120 aniversario do seu nacemento

Eduardo Modesto Branco Amor, nacido en Ourense o 14 de setembro de 1897 e falecido en Vigo o 1 de decembro de 1979, foi un escritor e xornalista galego. No ano 1993 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Escribiu poesía, teatro, ensaio e narrativa, sendo nesta última na que destaca con algunhas obras fundamentais da literatura galega como A esmorga, Os biosbardos, Xente ao lonxe... Con esta mostra, que pode visitarse na 1ª planta da biblioteca, do 7 ao 30 de setembro, conmemoramos o 120º aniversario do seu nacemento.

Máis eventos de tipo Exposición

XVIII Premio de Novela Casino de Santiago
2 de xullo a 30 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura