Evento: Ondas do mar de Vigo

  • Ondas do mar de Vigo
Ondas do mar de Vigo
sábado, 4 novembro, 2017 - 16:00
Museo do Mar de Galicia,
Vigo

Ondas do mar de Vigo

Ciclo de travesías marítimas

Difundir o valor das cantigas medievais de Martín Códax e afondar na súa vinculación co mar a través do patrimonio natural e paisaxístico da ría de Vigo son os principais obxectivos do ciclo de travesías marítimas Ondas do mar de Vigo.  As viaxes en barco inícianse o 28 de outubro e prolongaranse nas tres seguintes fins de semana. Os percorridos desenvolveranse os sábados e domingos de 16:00 a 19:00 horas e saen desde o peirao do Museo do Mar de Galicia.

Durante o traxecto, cunha duración aproximada de tres horas, un guía explicará o valor natural e paisaxístico, así como a historia, dos principais enclaves do espazo costeiro e mariño da ría de Vigo. O punto de partida e de chegada é o Museo do Mar de Galicia, en Alcabre, onde se exhibe a mostra Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas. A enseada de San Simón, declarada Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e integrada como Lugar de Importancia Comunitaria na Rede Natura 2000; o estreito e a ponte de Rande, o Centro de Interpretación do Patrimonio Cultural de Rande, coñecido como Museo Meirande; e as illas de San Simón e San Antón centran o contido das travesías, promovidas pola Secretaría Xeral de Cultura.

As persoas interesadas en participar nas viaxes, que son gratuítas, deben inscribirse previamente chamando ao teléfono 620 864 052.

 

Máis eventos de tipo Visita guiada/Roteiro

Visitas guiadas
15 de outubro a 31 de decembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Libros venerados en venerables bibliotecas
17 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal