Evento: Fairway Forum do Camiño de Santiago
Fairway Forum do Camiño de Santiago
domingo, 12 novembro, 2017 a martes, 14 novembro, 2017
Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia,
Santiago de Compostela Fairway Forum do Camiño de Santiago
Un evento para profesionais e para público xeral
Fairway Forum do Camiño de Santiago intentará un ano máis ser un punto de encontro para todos os interesados no Camiño de Santiago. O domingo 12 contará cunha programación especial para todos os públicos, de acceso libre.
Durante o luns e o martes, será un foro profesional sobre o Camiño e o seu impacto. O luns 13 o congreso iniciarase coa mesa Camiño de Santiago: 30 anos do primeiro itinerario cultural. Seguirán as conferencias A xestión pública coordinada do Camiño, é posible?, Retos do Camiño ou Outros itinerarios culturais: espellos e reflexos. O evento terá mesas de debate sobre diferentes aspectos ligados ao Camiño e eventos relacionados coa súa historia e o seu patrimonio.
Ligazóns