Evento: Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou Historia?

Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou Historia?
mércores, 14 maio, 2025 - 18:30
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou Historia?

Presentación do libro de Severino Fernández Abel

Severino Fernández Abel preséntanos o seu libro Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou Historia?

Os contos e historias arredor da lareira marcaron a infancia do autor e a súa forma de entender o pasado da sociedade que nos rodea. Isto, unido á formación académica e profesional, serán os motivos polos que a partir desa tradición oral, co paso dos anos, se enganchará á querenza pola súa investigación histórica.

Esta obra vén sendo, nin máis nin menos, o reflexo dunha afección polo conto popular, pero a narración non pode ficar nunha simple anécdota de repetida reprodución oral ou escrita. Un conto debe ser investigado na súa orixe e iso é o que se intenta neste traballo cun feixe deles, sacados tanto na beira da lareira coma ao longo do camiño persoal e profesional, pendurados na memoria social e agardando unha mirada agarimosa, mais crítica e realista, que dalgunha maneira os devolva ao presente.

Nas 18 historias aquí incluídas mestúrase a sinxela narración de vivencias (propias ou de achegados), a regrada investigación sobre relatos persoais e a narración máis a indagación sobre contos de moi diversa procedencia.

Salón de Actos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

 

Máis eventos do ciclo Día das letras galegas

Cantareiras, poesía popular nas Letras Galegas
3 de maio, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña
Caderno de cores e cancións
9 de maio, 18:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña
Cantaruxa Catuxa
10 de maio, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña
Ollo, piollo!
16 de maio, 18:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña