Evento: Eadweard Muybridge, Zoopraxographer

Eadweard Muybridge, Zoopraxographer
venres, 17 novembro, 2017 - 21:00
Liceo Mutante,
Pontevedra

Eadweard Muybridge, Zoopraxographer

O cineclube do Liceo Mutante proxecta o documental de Thom Andersen

A primeira longametraxe de Thom Andersen é un documental sobre o nacemento do protocinema, unha aventura técnica e creativa protagonizada polo fotógrafo Eadweard Muybridge. Ao longo do filme, o realizador procura explicar o proxecto megalómano de Muybridge (denominado Animal Locomotion: an Electro-Photographic Investigation of Connective Phases of Animal Movements), que pretendía retratar todo tipo de movemento animal e que é un primordio do cinema, mesmo na súa proxección: co sistema Zoopraxiscopio, inventado polo propio fotógrafo.

Muybridge non só define a zoopraxografía a través da cámara fotográfica, senón tamén a través das súas connotacións espaciais, do significado do sistema coordinado. Faino a través do ambiente social representado nos seus intereses: animais, homes nus e vestidos de todas as condicións sociais ou mulleres que expanden as fronteiras sociais co feito de estar núas ou de fumaren, nunha época en que ambas as dúas cousas eran consideradas vulgares.

Aínda que a innovación de Muybridge foi logo ultrapasada polos sistemas dos irmáns Lumière e de Thomas Edison, para Andersen é interesante analizar, metodicamente, a visión de mundo que sae daqueles milleiros de imaxes, unha visión ousada e destemida que coloca a Muybridge coma un dos grandes artistas do século XIX.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

En la alcoba del sultán
28 de xaneiro
Filmoteca de Galicia
La momia
29 de xaneiro
Filmoteca de Galicia
A caverna dos soños
29 de xaneiro
Filmoteca de Galicia
John y el hoyo
30 de xaneiro
Filmoteca de Galicia