Evento: VindeCine

  • VindeCine
  • VindeCine
VindeCine
luns, 4 decembro, 2017 a domingo, 18 febreiro, 2018
Numax,
Santiago de Compostela

VindeCine

Tres ciclos de cine cunha temática común: o medievo

VindeCine. O tempo de Martín Códax a través do audiovisual, unha actividade organizada pola Consellería de Cultura e Educación co gallo da exposición do Pergamiño Vindel no Museo do Mar de Galicia, proxectará un total de 21 filmes entre decembro e marzo cunha temática común: o medievo. 

A iniciativa desenvolverase nas cidades da Coruña, de Santiago de Compostela e de Vigo coa colaboración do CGAI, de Numax e de Multicines Norte, que exhibirán nas súas salas nas respectivas cidades as diferentes fitas escollidas para os ciclos. Entre os títulos están filmes de destacados directores dos séculos XX e XXI, algúns dos cales serán estreados en Galicia no marco destes tres ciclos. 

Programación

A Coruña

Comeza o día 9 xaneiro coa proxección de Paseo por el amor y la muerte. O 12 de xaneiro pásase o documental El manuscrito Vindel, realizado polos herdeiros do libreiro no 2016. O 16 de xaneiro proxectaranse dous filmes, Lai e Maestà. O 23 de xaneiro será o momento de Los vikingos, mentres xaneiro remata coa proxección de Qué difícil es ser un dios! O 6 febreiro o clásico francés Lancelot du Lac tomará as pantallas da filmoteca galega. O 20 de febreiro proxectarase El ladrón de Bagdad e o ciclo péchase o 27 de febreiro coa disparatada comedia Los caballeros de la mesa cuadrada y sus locos seguidores.

Santiago de Compostela

Arranca o 4 de decembro cunha estrea en Galicia, Jeannette. Maestá! será exhibida o 18 de decembro. En xaneiro estreará Little Crusader (8) e pasará La academia de las musas (22). Que difícil é ser un deus!, o día 5 e Os contos de Canterbury, o día 18, serán as películas de febreiro. 

Vigo

O ciclo comeza o 7 decembro con Anticristo. Seguirán Campanadas a Medianoche (14), Los cuentos de Canterbury (11 xaneiro), El Cid (1 febreiro),  La Celestina (22 febreiro) e Reina Santa (15 marzo). 

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Documenteur
21 de novembro
Filmoteca de Galicia
La vida de Bohemia
21 de novembro
Filmoteca de Galicia
CINE DE OUTONO
22 de novembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Documenteur
22 de novembro
Filmoteca de Galicia