Evento: O legado indiano na Mariña Lucense
O legado indiano na Mariña Lucense
luns, 18 decembro, 2017 a martes, 16 xaneiro, 2018
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela O legado indiano na Mariña Lucense
Exposición organizada por Antonio Lage‐Seara
Esta exposición reúne materiais diversos como cartas autógrafas do escritor Blanco Amor, os fundadores de El Corte Inglés e a Galería Preciados; documentos orixinais do Centro Gallego de la Habana; libros editados en Arxentina, Venezuela, México ou Uruguay; un dos primeiros catálogos industriais modernos; a primeira etiqueta de Estrella Galicia; fotografías; obxectos únicos como maletas, cinseiros, moedas, sombreiros... relacionados co mundo indiano.
A biblioteca cede o vestíbulo para a presentación desta mostra que nace coa intención de fortalecer o pasado como arma de futuro e de irmandade entre os pobos.
Máis eventos de tipo Exposición