Evento: O apalpador

O apalpador
sábado, 23 decembro, 2017 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela
Sesión de contacontos con Anxo Moure

Dende as montañas dos Ancares e O Courel baixa cara a biblioteca o vello carboeiro, o chamado Apalpador, quen traia castañas asadas as nenas e nenos que tiñan fame naqueles tempos de inverno. Agora, cando abrimos as castañas, céibanse contos que alimentan o coñecemento da riqueza dos nosos soutos e carballeiras, regatos, e das penedas das fervenzas.

Para nenas e nenos de 3 a 12 anos.

No salón de actos, entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Máis eventos do ciclo Os sábados, choiva de contos

Moby Dick
3 de maio, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña