Evento: O apalpador conta con vós

  • Debuxo do Apalpador
O apalpador conta con vós
mércores, 27 decembro, 2017 - 12:00
Biblioteca de Galicia,
Santiago de Compostela

O apalpador conta con vós

Obradoiro de Nadal impartido por A trastenda dos contos

O Apalpador é un personaxe mítico da tradición galega que estivo a piques de desaparecer, pero do que aínda quedan testemuños na zona do Courel e dos Ancares. Neste espectáculo recibimos a súa visita para que nos conte quen é, cal é a súa orixe, a que se dedica no seu día a día...e o que é máis importante, que consellos temos que seguir para que cando nos visite nos deixe unha presada de castañas e algún dos agasallos que el mesmo constrúe. Un personaxe entrañable que nos fará pasar sesenta minutos cheos de maxia.

Público: Familiar (recomendado a partir de 4 anos)

Duración: 1 hora

Lugar: Sala 1 da Biblioteca de Galicia

Prazas: 50

De balde, precisa inscrición na web

Importante: os formularios de inscrición dos obradoiros da BdG están aloxados na web da Cidade da Cultura, sempre na pestana de "en familia" mais iso non quere dicir que sexa para público familiar, cando así sexa aparecerá así descrito de forma clara, polo tanto prégase respectar a franxa de idades así como a puntualidade na hora de comezo, sendo aconsellable estar na aula 5' antes do comezo

 

Máis eventos de tipo Obradoiro

Os enigmas da arte
19 de outubro a 30 de novembro
Museo de Belas Artes
Obradoiros de banda deseñada
28 de outubro
Obradoiro de banda deseñada de Alberto Guitián. Salón de actos Xaquín Marín.
Obradoiros de banda deseñada
29 de outubro
Obradoiro de banda deseñada de Alberto Guitián. Biblioteca do CPI de Rodeiro.
Obradoiros de banda deseñada
29 de outubro
Obradoiro de banda deseñada de Inés Vázquez. Biblioteca do CPI Julia Becerra.