Evento: Fantasías coas palabras

Fantasías coas palabras
domingo, 27 maio, 2018 - 12:00
Sala Azul do Auditorio_ Pazo de Congresos,
Ourense

Fantasías coas palabras

Música infantil da man de María Faltri e Jorge Juncal

Fantasía coas palabras é un espectáculo musical, parello á edición do album-CD do mesmo nome que editou Sonárboré na primavera do 2017. Nel únese a música en directo e a acción teatral no percorrido polas cancións que o compoñen.

As persoas que integran o directo son:

María Faltri: acada experiencia profesional co grupo Faltriqueira, xirando internacionalmente e acadando éxitos discográficos. No mundo infantil comeza traballando na compañía de Magín Blanco, destacando a íntima colaboración no proxecto Gatuxo. Con Jorge Juncal comeza un proxecto propio como cantante e actriz. Enerxía comunicativa e bo gusto sempre a acompañan.

Jorge Juncal: músico multiinstrumentísta e compositor. Dende novo traballando no folk como acordeonista. Hoxe en día mergúllase no infantil, como arranxista e autor, en compañías como a de Magín Blanco. Con María Faltri comeza un proxecto persoal cun amplo rexistro de temas. A súa presenza como músico sempre aporta confianza e seguridade, o capitán da nave. 

Espectáculo musical para Cultura no Camiño. Confirmar datas e horas nos concellos onde se representa.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Vicki e a felicidade
12 de abril, 12:30
Teatro Principal - A Estrada - Pontevedra
Facendo o indio
12 de abril, 18:00
Casa da Cultura de Burela - Burela - Lugo
Petit Cabaré Pistacatro
12 de abril, 18:00
Centro Cultural e Xuvenil - Muros - A Coruña
Parasimpáticas
12 de abril, 19:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra