Evento: Camilo Díaz Baliño: a xenialidade truncada

  • Foto de Camilo Díaz Valiño
Camilo Díaz Baliño: a xenialidade truncada
martes, 30 xaneiro, 2018 a mércores, 7 marzo, 2018
Biblioteca de Galicia,
Santiago de Compostela

Camilo Díaz Baliño: a xenialidade truncada

Artista homenaxeado no Día da Ilustración

A Biblioteca de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) queren homenaxear no Día da Ilustración deste ano 2018 a Camilo Díaz Baliño (1889-1936). Para isto presentan unha nova mostra bibliográfica e un vídeo sobre o escenógrafo, pintor e debuxante galego.

A mostra está formada por 54 pezas. Libros, debuxos, documentos persoais, fotografías e manuscritos todos relacionados coa figura de Camilo Díaz Baliño. Todas estas pezas se custodian na Biblioteca de Galicia.

Estrutura (6 vitrinas):

1. Camilo Díaz Baliño

2. Ilustrador de libros e de publicacións periódicas

3. Escenógrafo. Coral de Ruada

4. Escenógrafo. A empresa Fraga

5. Concello de Santiago. Carrozas para a celebración do 25 de xullo

6. Pintor simbólico. Irmandades da Fala

Máis eventos de tipo Exposición

XVIII Premio de Novela Casino de Santiago
2 de xullo a 30 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura