Evento: Entroido no Barco de Valdeorras
Entroido no Barco de Valdeorras
A celebración do Entroido no Barco de Valdeorras organízase cun variado programa, que inclúe unha festa infantil o luns, desfile o martes e o mércores daráselle a despedida co Enterro da sardiña.
O luns día 12 a partir das 17 horas no Pavillón Vello haberá unha festa infantil con baile de disfraces e karaoke. O martes ás 17.30 horas dará comezo o desfile de comparsas, que será entre a avenida Conde Fenosa e a praza Maior, onde haberá un baile amenizado por Boa Festa. Finalmente o mércores a partir das 20 horas, polas rúas da Zona Vella e finalizando na Praza Maior, terá lugar o Enterro da Sardiña e a queima do Meco.
Entre o xoves de comadres, día 8, e o martes día 13 vanse celebrar as XIX Xornadas Gastronómicas do Entroido. Unha iniciativa na que participan varios restaurantes da vila para ensalmar a gastronomía do inverno e que está organizada por AEVA e o Centro Comercial Aberto.
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular