Evento: SwingEo 2018

SwingEo 2018
venres, 13 abril, 2018 a domingo, 15 abril, 2018
Varios espazos da vila,
Ribadeo

SwingEo 2018

Festival de swing e lindy hop con música e baile

Segunda edición do SwingEo. Este festival, organizado arredor do baile de lindy hop e swing, levará do 13 ao 15 de abril a Ribadeo un programa de concertos, clases de baile, festas con DJ’s, sesión vermú, xogos, premios e máis actividades.

Haberá clases de tres niveis con Karen Campos McCormack (Compostela), María Sanz, Carlos Cayuela e Julia Happymiaow (Madrid). A bigband The Swintonized Band tocará na sala de festas Rosalar, onde será a festa do venres. O sábado Viajeros del Swing tocarán no teatro -concerto organizado polo Concello de Ribadeo- e a continuación haberá festa na sala Rosalar Ribadeo, con DJ, xogos e premios. O domingo haberá sesión vermú con, entre outros, Feira de Pasos con premio.

PROGRAMA 
Venres 13 abril:
21:30: recepción na sala de festas Rosalar Ribadeo
22:00: taster de baile rock'n'roll 
23:00: concerto da bigband The Swintonized BAND 
01:00: festa swing

Sábado 14 abril:
10:30: recepción no teatro de Ribadeo
Clases de baile lindy hop:
11:00 - 12:30: nivel 1 con Karen Campos e María Sanz
12:30 - 14:00: nivel 2 con Carlos Cayuela e Julia Roig
12:30 - 14:00: nivel 0 con Karen Campos e María Sanz
Clases de baile lindy hop:
16:30 - 18:00: nivel 1 con Carlos Cayuela e Julia Roig
18:00 - 19:30: nivel 2 con Carlos Cayuela e Julia Roig
18:00 - 19:30: nivel 0 con Karen Campos e María Sanz
22:30: concerto de Viajeros del Swing (organiza Concello de Ribadeo) 
00:30: festa swing na sala de festas Rosalar 

Domingo 15 abril: 
12:30: vermú swing e Feira de Pasos no Cantón
14:30: entrega de premios

* programa suxeito a modificacións, previo aviso, de non alcanzarse as inscricións mínimas

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos