Evento: Blas de Lezo y la guerra del Asiento

Blas de Lezo y la guerra del Asiento
luns, 21 maio, 2018 a venres, 15 xuño, 2018
Nave El Tinglado,
Vigo

Blas de Lezo y la guerra del Asiento

Exposición sobre a figura do almirante da Armada Española

A nave El Tinglado do Porto de Vigo acolle unha mostra gratuíta sobre a figura de Blas de Lezo y Olavarrieta, unha das figuras máis destacadas da escena naval española. Nacido en Pasajes, Guipúscoa, o almirante Blas de Lezo pasou á historia como un importante estratego, que contou na súa ficha con actuacións tan coñecidas como a defensa de Cartagena de Indias durante o asedio británico en 1741, a coñecida como Guerra do Asento. 

A exposición está organizada pola Fundación Blas de Lezo. De finalidade didáctica, nela se exhiben máis de 100 pezas relacionadas coa vida do almirante e coas accións militares nas que se desempeñou. Entre estas hai case medio centenar de cadros ao óleo, esculturas, uniformes, bandeiras dos rexementos participantes no asedio a Cartagena de Indias, facsímiles datados entre os séculos XV e XVII, armas, mapas e planos orixinais. A mostra organízase en tres seccións, ordenadas de forma cronolóxica.  

Pódese visitar de luns a venres, entre as 17 e as 20 horas. 

Máis eventos de tipo Exposición

XVIII Premio de Novela Casino de Santiago
2 de xullo a 30 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura