Evento: Cans e letras
Cans e letras
Cans e Letras: o programa de lectura con cans de maior éxito no mundo
Vernes 8 en dúas quendas
1º: 18:00 h con 6 nenas/os de 5 a 12 anos
2º 19:00 h con 6 nenas/os de 5 a 12 anos
Inscrición na sala infantil
Que é R.E.A.D., Cans e Letras? O obxectivo inicial de R.E.A.D. é a mellora das habilidades de lectura nos nenos e nenas, aínda que a súa potencia como ferramenta terapéutica ve moito máis alá. A experiencia demostrou a eficacia de R.E.A.D. noutros ámbitos, fundamentais para o correcto e satisfactorio desenvolvemento do menor: autoestima, seguridade en si mesmo, relaxación, atención, motivación, relación cos demais.
Trátase en definitiva dun programa de lectura para nenos e nenas con cans adestrados, que emprega un método diferente pero moi eficaz: ler a un can.
R.E.A.D. naceu en EE.UU. en 1.999, na Biblioteca Pública de Salt Lake City (Utah, USA). Os seus creadores, Intermountain Therapy Animals, foron os pioneiros na implementación dun programa destas características, que estenderon por todo o mundo. E agora, a Biblioteca da Coruña tamén é pioneira coa estrea do programa en Galicia.
Nora é a estrela canina que estará ese día coa lectura. Nora é unha canciña moi alegre que pode estar horas xogando coa pelota ou calquera xoguete que lle lances, ela tráecho ao momento. Pica no seu nome para coñecer máis sobre a súa vida, os seus gustos etc.
Aquí, uns vídeos nos que profesoras de Educación Infantil e Primaria contan a súa experiencia co programa.
. Dalila, Directora do CEIP Virxe da Paz, en Collado Mediano (Madrid)
. Nerea, Directora do CEIP Infantas Elena e Cristina, en San Sebastián de los Reyes (Madrid)
. Xema, Profesora Aula TEA do CEIP Teresa de Calcuta, en San Sebastián de los Reyes (Madrid)