Evento: De mar a mar
De mar a mar
Mostra que recompila arredor de 20 fotografías de gran formato realizadas coa técnica estereográfica, organizada co gallo da celebración do Ano do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa en 2018.
As imaxes retratan o patrimonio, as paisaxes e os propios peregrinos tanto do Camiño Portugués e o Camiño Portugués da Costa como do Camiño Inglés e o de Fisterra e Muxía, as catro rutas nas que está presente esta mostra itinerante.
A exposición enmárcase nas accións de dinamización cultural que se están a levar a cabo este ano en diferentes localidades do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa aos que a Xunta dedica este ano.
De mar a mar pode visitarse na sala de exposicións do Auditorio Municipal de Caldas de Reis (paseo Román López, 5) os luns, mércores e venres en horario de tarde (de 15,30 a 21,30 horas) e martes e xoves en horario de mañá (de 8,00 a 14,00 horas).