Evento: Día das Librarías 2018
Día das Librarías 2018
O Día das Librarías é unha celebración anual na que os libreiros buscan recordar aos lectores a importancia das librarías como espazos para descubrir e mercar libros. Organizada por CEGAL, a Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros, a xornada trae aperturas máis amplas de librarías ou actividades especiais nas mesmas. O calendario de actividades permite descubrir cales son as librarías máis próximas nas que se organizan eventos.
En Galicia, varias librarías xa anunciaron actividades especiais. A Librería Nobel A Coruña acollerá a presentación de Anda campeón hazte Feminista en 10 cómodos plazos, de María Donapetry Martínez, e a Bahía de Foz a de Senlleiras, de Antía Yáñez. A libraría Trama organiza en Lugo visitas guiadas pola libraría para estudantes e a presentación de El asesino del fin de la historia, de Vicente Piñeiro, e a Luna Nueva, en Pontevedra, teatro de monicreques. En Santiago, Numax presentará o novo traballo de Ezetaerre e a Libraría Pedreira contará cunha sesión de teatro, Manancial de fantasía.
Máis eventos de tipo Outras actividades