Evento: Cando a Candeloria chora...
Cando a Candeloria chora...
Cando a Candeloria chora... a metade do inverno vai fóra; que chore, que deixe de chorar, mitá do inverno está por pasar.
Cando a Candeloria chora a mitá do inverno está fóra; se chora ou ri, o inverno está por vir, e se chora ou fai vento, inda o inverno está dentro.
O día da Candelaria, si chora ou venta, inverno entra. E si non venta nin chora, inverno fóra.
Pola Candeloira casan os paxariños e maila galiñola.
Presentamos unha selección de libros infantís nos que se festexa o regreso da luz e das aves migratorias e comezan os cortexos entre elas.
O Día da Candeloria ten orixe nos cultos pagáns da fertilidade e dos ciclos da natureza, que como a noite de San Xoán, a Semana Santa, o Nadal e moitos outros, acabou por ser cristianizado. Neste caso tratábase do ritual do lume, coas súas virtudes apotropaicas (de afastamento de desgrazas, protectoras).
Na antiga Roma celebrábase as Lupercais, a festa do lume e na honra da fertilidade. Nesta festa, realizábase unha procesión con candeas acendidas de noite.
No ano 492, o Papa Xelasio crea a festa da Purificación da Virxe María, que é conmemorada o 2 de febreiro. O nome da Candeloria está orixinado pola procesión realizada dentro da igrexa con candeas benditas, festa que substitúe e cristianiza a festa pagá romana e que posibelmente sexa orixe da actual Día da Candeloria.
Pódese visitar na sala infantil durante o horario de apertura da biblioteca.
Máis eventos de tipo Exposición