Evento: Mitos e lendas de Galiza
Mitos e lendas de Galiza
sábado, 18 maio, 2019 - 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Mitos e lendas de Galiza
Sesión de narración oral para celebrar o Día das Letras Galegas con Lisístrata.
Contamos a nosa historia máis máxica, lendas e contos populares que nos axuden a entender. Historias de trasnos e feitizos, encantos, mitoloxía e temas históricos e de cabaleiros. Historias que chegaron a nós grazas a persoeiros como Antonio Fraguas a quen a Real Academia Galega adica o Día das Letras Galegas deste ano.
Para nenos e nenas a partir de 3 anos.
No salón de actos, a entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Máis eventos do ciclo Os sábados, choiva de contos

3 de maio, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña