Evento: Luppo

Luppo
domingo, 30 marzo, 2025 - 12:30
Pazo da Cultura,
Pontevedra
Espectáculo de teatro infantil a cargo de Baobab Teatro

Luppo é un home maior que vive só e todos os días ás 12 en punto da mañá acende o seu gramófono para escoitar ópera, todos os días a mesma canción. Luppo ten un amigo, Tulún, un neno de 5 anos que todos os días ás 12 da mañá vaino visitar e lévalle pan, leite e o seu xornal. Luppo cóntalle historias fascinantes da súa vida, segredos que agocha no seu gramófono… Un día Tulún chega a casa de Luppo e este non está.

Luppo é un espectáculo pensado para pequenos, a partir de 4 anos e para adultos. É un proxecto impecable, tanto na súa estética, o seu guión, como na súa posta en escena que non deixa indiferente.

Premio ao mellor espectáculo infantil na Feira de Teatro de Castela e León, que se celebra en Cidade Rodrigo.

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Absurdia
27 de febreiro, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
#2Pilgrims
27 de febreiro, 21:00
Teatro Principal - Pontevedra - Pontevedra
Soños
28 de febreiro, 19:00
Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
La violación de Lucrecia
28 de febreiro, 20:30
Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía - Arteixo - A Coruña