Evento: Marful con Sabela (OT)
Marful con Sabela (OT)
Marful con Sabela (OT)
A elección de Tris Tras, do grupo Marful, como terceira canción en galego que defenderá Sabela Ramil en 'Operación Triunfo' (TVE1) acaba de confirmar a esta artista como heroína pop galega. Antes de Tris Tras, Sabela xa tiña interpretado Benditas Feridas de Rosa Cedrón e Negro Caravel, unha versión dun poema de Rosalía de Castro, que mostra o orgullo do galego e da lingua. Ao agardado entusiasmo popular que espertou Sabela entre os seus veciños de As Pontes, onde reside a nova muller nacida en Ourol, engadiuse a falta de referencia galega co carisma de Sabela entre os máis novos.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto