Evento: Xoán Piñon

Xoán Piñon
xoves, 7 novembro, 2019 a domingo, 19 xaneiro, 2020
Kiosco Alfonso,
A Coruña

Xoán Piñon

Exposición fotográfica

Xoán Piñón é un dos nosos máis grandes fotógrafos, con toda unha vida de dedicación e recoñecemento.

Moitas das súas imaxes son iconas que recoñecemos, aínda cando en ocasións ignoremos a súa autoría. Traballou case todos os campos da fotografía ao longo de máis de corenta anos de traballo. Evolucionou, empuxado polos avances técnicos pero moito máis polo seu propio concepto do medio.

Presentou en diversas ocasións as súas obras, pero nunca antes como agora. Volve ao Kiosco Alfonso, onde xa participou en colectivas a comezos dos oitenta, pero agora cunha exposición na que, sen pretender ser antolóxica, móstranos as imaxes das que sente especialmente satisfeito. Son once series e 138 fotografías que abarcan cronoloxicamente desde 1977 ata o ano 2012. Aquí están representados os seus traballos para o cinema, a moda... ,así como a súa visión do Caurel, as súas homenaxes á arte galega, tamén as súas obras de estudo e esa visión tan persoal do seu mundo, da súa contorna case a modo de crónica dunha época.

Máis eventos de tipo Exposición

XVIII Premio de Novela Casino de Santiago
2 de xullo a 30 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Do soño á apocalipse. Os vieiros da literatura fantástica en galego
31 de outubro a 18 de maio
Lugar de la Ciudad de la Cultura