Evento: Rosalía. O lugar onde medran as poetas?

Rosalía. O lugar onde medran as poetas?
sábado, 22 febreiro, 2020 - 12:30
Teatro Colón,
A Coruña

Rosalía. O lugar onde medran as poetas?

Espectáculo de Culturactiva

Esta Rosalía é unha obra de muller pensada para nenas e nenos de Primaria -e para as súas familias e docentes- por un equipo de mulleres intensamente ligadas ao teatro de palabras para espectadoras e espectadores que viven no país da infancia. María Rosalía Rita tamén foi nena. As biografías non o contan, pero una das grandes voces literarias da historia tamén foi nena e foi nena que cantaba e xogaba, que lía e comía chocolate. Esta Rosalía que aínda non necesitaba apellidarse de Castro e que está a piques de irse a Santiago é a protagonista desta obra de teatro que quere contarlles ás nenas e nenos que a infancia é o lugar onde crecen as poetas: entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rimas e sen autor.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Circo na biblioteca
14 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
O paxariño da miña xanela
26 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Hoxe toca...maxia!
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Biblioteatro
7 de setembro a 29 de novembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola