Evento: The Mersey Beatles
The Mersey Beatles
Actuar no famosísimo Cavern Club é algo que The Mersey Beatles fixeron en numerosas ocasións. En setembro do 2015 bateron o record das actuacións dos propios Beatles, dando máis de 500 concertos como os artistas residentes do club. Ningún outro tributo no mundo logrou facelo.
The Mersey Beatles está formado por Steven Howard (Paul), Mark Bloor (John), Brian Ambrose (Ringo) e Craig McGown (George). Levan actuando xuntos máis de quince anos frecuentando festivais e facendo espectáculos por todo Reino Unido. Ademáis saen de xira por diferentes países do mundo, desde Francia, Alemaña ou Italia ata Estados Unidos, Australia ou Indonesia. O seu son é emocionante, a súa escenografía é auténtica.
”Yeah, yeah, yeah!”, así soan os embaixadores da cidade de Liverpool, The Mersey Beatles recreando á perfección os grandes éxitos da lendaria banda The Beatles. Existen moitas imitacións do mítico grupo de Liverpool, pero o tributo do grupo The Mersey Beatles é sen dúbida, un dos mellores así afírmao tamén a irmá de John Lennon, Julia Baird.
O Liverpool Daily Post describe a The Mersey Beatles como a banda residente do Cavern Club que recrea a emoción dos Beatles nun ambiente auténtico, mentres que o crítico sueco Roger Carlsson asegura que The Mersey Beatles soa en directo como os verdadeiros Beatles.
Así que se desexa que Twist and Shout, ser un Paperback Writer, ou só Let it be, este espectáculo transportarache a Merseyside para gozar do brillo, diversión de cancións e música que conquistou o mundo.



