Evento: XXI Xantar

XXI Xantar
mércores, 5 febreiro, 2020 a domingo, 9 febreiro, 2020
Expourense,
Ourense

XXI Xantar

Salón Internacional de Turismo Gastronómico

Salón dedicado á gastronomía e ao turismo de Galicia no que se dan cita anualmente algúns dos mellores restauradores e empresas turísticas. Este evento, ineludible para os profesionais do sector, terá lugar desde o mércores 5 ao domingo 9 de Febreiro no Recinto Feiral de Ourense.

Os sectores representados na feira serán:
-Destinos enogastronómicos
-Produtos agroalimentarios de calidade
-Festas gastronómicas e festas históricas
-Denominacións de Orixe
-Produtos gourmet
-Arte gastronómica
-Servizos para hostalería
-Viños e bebidas de calidade

Conferencias, talleres gastronómicos, degustacións de produtos gastronómicos típicos de Galicia, catas de viños e queixos ou actuacións musicais serán algunhas das actividades programadas para esta vixésima primeira edición.

Durante estas xornadas o público asistente poderá comer ou cear en calquera dos restaurantes presentes na feira, que ofrecerán menús representativos das diferentes zonas de Galicia, de España e o país convidado desta edición.

O horario da feira será de 12.00 a 01.00 da madrugada, desde o mércores 5 ao sábado 8 Febreiro, e de 12.00 a 19.00 horas o domingo 9.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Peza do mes: Máscara funeraria do padre Feijóo
1 de abril a 30 de abril
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Charla e presentación do cómic "Gloria"
9 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou Historia?
14 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés