Evento: IV ALLARIZ DEBUXADO, FESTIVAL DA ARTE DA ILUSTRACIÓN
IV ALLARIZ DEBUXADO, FESTIVAL DA ARTE DA ILUSTRACIÓN
PROGRAMA DO IV ALLARIZ DEBUXADO, FESTIVAL DA ARTE DA ILUSTRACIÓN
Venres, 31 de xaneiro
12:00. Inauguración do festival. Interveñen a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e o director de Aira editorial, César Lorenzo Gil.
12:15. Relatorio inaugural de David Lafuente ‘Cómo ser dibujante (y que te paguen)’
17:00. Relatorio de Ester García ¿ Detrás del telón’
19:00. Relatorio de Tomás Hijo ‘Ilustrando a Tolkien y Lovecraft. Gracias y desgracias del ‘fan art’.
Lugar: Fogar dos Maiores (Campo da Barreira, 3)
23:00. Concerto do dúo Piratas sen parche.
Lugar: Café Catro Portiñas (Rúa de Emilia Pardo Bazán, 11)
Sábado, 1 de febreiro
11:00 a 19:00. Feira da Ilustración
Lugar: praza de Abaixo. En caso de mal tempo, trasladarase á sede da Fundación Vicente Risco (rúa de San Lourenzo, 3)
11:30. Presentación da novela gráfica ‘Grandarroiba’ de Cristian F. Caruncho.
Lugar: Fundación Vicente Risco
12:00. Micropresentacións de artistas emerxentes.
Sinaturas de obras dos autores participantes no festival.
Lugar: Fogar dos Maiores (Campo da Barreira, 3)
17:00. Relatorio de Manel Cráneo: ’10 anos de Demo editorial’
Lugar: Fundación Vicente Risco
A IV edición do Festival Allariz debuxado presenta un amplo programa de dous días no que destacan as conferencias no Fogar do Maior de ilustradores de primeiro nivel coma David Lafuente, Ester García e Tomás Hijo.
O evento contará coma actividade paralela coa III Feira da creación que, se o tempo o permite, terá lugar por primeira vez lugar nun espazo exterior (praza de abaixo) coa participación dunha vintena de expositores.
O festival está organizado por Aira Editorial, Aira das letras, Punto e Coma, Espazo Ben común, Maruxairas, as escolas de arte Antonio Faílde de Ourense e Pablo Picasso de A Coruña e polo Concello de Allariz.