Evento: XII Concurso de piano “Sociedad Artística Ferrolana” 2020
XII Concurso de piano “Sociedad Artística Ferrolana” 2020
Data e lugar de celebración:
O XII Concurso de Piano S.A. F. estruturado por idades en tres distintas Categorías, é un certame de carácter xuvenil que está dirixido a estudantes de nivel de grao elemental e grao medio de Galicia, cuxa única filosofía e finalidade é a de potenciar e incentivar a interpretación pública das e dos novos pianistas de Galicia, así como inculcar en todos eles, unha competitividade sa e un desexo de superación a través da propia experiencia participativa.
O evento celebráse o día 25 de abril de 2020 no Auditorio da Sede Afundación Ferrol. Praza da Constitución s/n, Ferrol.
Requisitos:
Poderán participar neste concurso de piano nas categorías 3ª e 2ª, todos os participantes que residan no área de Ferrol e Comarca. Na 1ª categoría do concurso de piano, poderán participar todos os concursantes que residan na Comunidade Autónoma de Galicia. Os galardoados en anteriores edicións co 1º Premio non poderán concursar novamente na categoría onde con anterioridade xa foron premiados.
Categorías: o concurso está formado por tres categorías de carácter xuvenil e de ámbito Ferrol-Comarca e Autonómico.
Área de Ferrol e Comarca:
3ª Categoría: poderán concursar todos aqueles participantes que non cumprisen ao día de inicio do concurso os 12 anos.
2ª Categoría: poderán concursar todos aqueles participantes que non cumprisen ao día de inicio do concurso os 15 anos.
Autonómico:
1ª Categoría: poderán concursar todos aqueles participantes que non cumprisen ao día de inicio do concurso os 19 anos e non estean a cursar estudos de piano en Conservatorios Superiores.
Repertorio:
Os concursantes presentarán ao xurado o mesmo día do concurso, 3 copias de cada obra que interpretará segundo a súa categoría.
3ª categoría: Interpretación de dúas obras libres de diferentes estilos, nun máximo de 10 minutos de duración.
2ª categoría: Interpretación de dúas obras libres de diferentes estilos, nun máximo de 15 minutos de duración.
1ª categoría: Interpretación de dúas obras libres de diferentes estilos, nun máximo de 20 minutos de duración. Importante: O gañador desta 1ª Categoría, interpretará ao finalizar o acto de entrega dos Premios deste Concurso de Piano, o Himno da SAF. Partitura que se atopa editada na sección de Música da páxina web da Sociedade Artística Ferrolá.
Premios:
3ª Categoría:
1º Premio: Placa e Diploma. 2º Premio: Diploma.
3º Premio: Diploma.
2ª Categoría:
1º Premio: Placa e Diploma. 2º Premio: Diploma.
3º Premio: Diploma.
1ª Categoría:
1º Premio: Placa e Diploma. 2º Premio: Diploma.
3º Premio: Diploma.
Modo de actuación dos participantes: A actuación dos participantes en todas as categorías do concurso será por orde alfabética.
Entrega de premios e diplomas: A entrega de premios e diplomas do XII Concurso de Piano “Sociedade Artística Ferrolá”, realizarase o sábado 25 de abril ás 20.00 h no Auditorio da Sede Afundación Ferrol.
Premio do Público “Novo Talento” 2020
Co fin de outorgar o Premio do Público, “Novo Talento” 2020, os participantes galardoados cos 1º Premios de cada unha das tres Categorías, interpretarán cada un deles, unha peza musical de libre elección a modo de concerto ao finalizar o acto de entrega de premios e diplomas. Concerto no que o público asistente, poderá xulgar segundo o seu criterio, mediante votación, a mellor interpretación que executen os tres participantes premiados.
Desta forma, queremos potenciar a implicación do noso público, facendo que sexan realmente tamén partícipes deste certame e non soamente mero público asistente.
Xurado:
O xurado do XII Concurso de Piano “Sociedade Artística Ferrolá”, estará composto por cinco persoas de recoñecido prestixio. O fallo do xurado será inapelable. Os premios poderán ser declarados desertos se o Xurado así o estimase oportuno.
Presentación:
A relación oficial de concursantes rexistrados, así como os horarios de presentación das distintas categorías e comezo das probas do concurso, serán publicadas a partir do día 17 de abril de 2020 na páxina web da Sociedade Artística Ferrolá SAF.
Todas as probas do concurso realizaranse no Auditorio da Sede Afundación Ferrol, o día 25 de abril de 2020.
Inscrición:
A inscrición para esta convocatoria, queda aberta desde o 27 de xaneiro de 2020 ata o día 31 de marzo de 2020.
Máis eventos de tipo Concerto