Evento: Festa do Cocido

Festa do Cocido
domingo, 23 febreiro, 2025 - 11:00
Varios espazos,
Lalín

Festa do Cocido

Festa de interese turístico

A capital da comarca gandeira do Deza presume de boas carnes en xeral, mais fixo do porco un símbolo de identidade. De feito, unha escultura en bronce recorda nunha rúa céntrica o significado do porco para Lalín e a súa importancia na proxección da súa imaxe no exterior. A Festa do Cocido, que se celebra desde hai máis de corenta anos, dignificou a carne de porco, básica na dieta tradicional galega, ata converter o cocido (lacón, orella, costela, chourizos, e cantas partes do porco se desexen..., acompañado de cachelos, grelos ou repolo) nun cobizado manxar e no prato de referencia do inverno galego.
A festa creceu de tal xeito que o domingo anterior ao de Entroido supón a culminación dun programa cultural e gastronómico que se celebra durante un mes e que, entre outros eventos, inclúe a Gala de Gastronomía de Galicia ou o Premio de Periodismo Álvaro Cunqueiro. Así, o día grande da Feira do Cocido, Lalín é un fervedoiro de xente procedente de toda Galicia, que transita polo Campo Vello da feira, entre postos de degustación e de venda de todo tipo de produtos autóctonos, e abarrota os bares e restaurantes.
O Auditorio Municipal acolle a celebración do Capítulo Xeral da Encomenda do Cocido, coa investidura de novos membros, e pouco despois do mediodía ten lugar, como un preludio do Entroido, un tradicional, multitudinario e colorista desfile de carrozas, comparsas e charangas chegadas de distintos puntos de Galicia.

Destacado:
Desfile de carrozas e de comparsas.

Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

Entroido de Laza
7 de febreiro a 9 de marzo
Varios espazos
Entroido dos Felos de Maceda
8 de febreiro a 7 de marzo
Praza das Toldas
Entroido de Xinzo de Limia
8 de febreiro a 9 de marzo
varios espazos
Entroido de Foz
15 de febreiro a 7 de marzo