Evento: Miguel Lamas Quartet
Miguel Lamas Quartet
Miguel Lamas (Fene, 1993), músico galego avalado polo traballo realizado con artistas como Raimundo Amador, Miguel Ríos, Tomasito, O’Funk’illo, Abraham Mateo, e actualmente con Miriam Rodríguez e Dani Martín, así como a de músico de estudio gravando baterías online para todo o mundo nos Studios PKO de Madrid.
Endorser das marcas Pearl, Meinl, Promark, Evans, Shure., Earprotech… O traballo deste batería materializouse grazas á aportación de Iago Mouriño (piano), Pablo Añón (saxo e efectos) e Octavio Vargas (baixo), que o acompañarán no directo, e que son músicos cos cales medrou desde case os comezos da súa carreira artística.
O cuarteto ofreceranos unha regresión ao primeiro disco de Miguel, Melted Lives, con temas compostos principalmente polo pianista Iago Mouriño. Unha fusión de música jazz con funk dos 70 e a improvisación como principal condutor.
Máis eventos de tipo Concerto