Evento: Miguel Lamas Quartet

Miguel Lamas Quartet
sábado, 19 setembro, 2020 - 22:00
Sala Ruido,
Ferrol

Miguel Lamas Quartet

Unha fusión de música jazz con funk dos 70 e a improvisación como principal conductor.

Miguel Lamas (Fene, 1993), músico galego avalado polo traballo realizado con artistas como Raimundo Amador, Miguel Ríos, Tomasito, O’Funk’illo, Abraham Mateo, e actualmente con Miriam Rodríguez e Dani Martín, así como a de músico de estudio gravando baterías online para todo o mundo nos Studios PKO de Madrid.

Endorser das marcas Pearl, Meinl, Promark, Evans, Shure., Earprotech… O traballo deste batería materializouse grazas á aportación de Iago Mouriño (piano), Pablo Añón (saxo e efectos) e Octavio Vargas (baixo), que o acompañarán no directo, e que son músicos cos cales medrou desde case os comezos da súa carreira artística.

O cuarteto ofreceranos unha regresión ao primeiro disco de Miguel, Melted Lives, con temas compostos principalmente polo pianista Iago Mouriño. Unha fusión de música jazz con funk dos 70 e a improvisación como principal condutor.

Máis eventos de tipo Concerto

SUIT(E)
29 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
Rata Blanca
30 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5
El Drogas
2 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5